InicioMOV. SOCIAISO servizo de urxencias do CHUS volve colapsar con 31 pacientes nos...

O servizo de urxencias do CHUS volve colapsar con 31 pacientes nos corredores

A xerencia enfróntase a críticas pola xestión insuficiente ante o incremento da demanda asistencial

Publicado o

Xornal de Compostela

O pasado día 14 de outubro, o servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago sufriu un novo episodio de colapso asistencial. Ás 18:49 horas, un total de 31 pacientes graves foron colocados en padiolas e cadeiras de rodas nos corredores adxacentes ao servizo, mentres outros 25 pacientes, cos ingresos xa asinados, agardaban por unha cama en planta. Os profesionais sanitarios, sen reforzos suficientes, víronse superados pola situación, sen capacidade para atender axeitadamente a elevada demanda.

Segundo os datos publicados na web do CHUS, na ligazón “Pulso do CHUS”, nas últimas 24 horas foron atendidos 569 pacientes, o que representa un aumento de 93 persoas respecto ao día 8 de outubro, cando se produciu outro colapso significativo. As camas ocupadas ascenderon a 874, deixando 637 dispoñibles.

Os profesionais sanitarios critican que, malia a existencia de camas libres, segue habendo un número elevado de pacientes nos corredores. As críticas diríxense á xerencia e ao xefe do servizo por unha xestión ineficiente dos recursos dispoñibles e por non esixir o persoal necesario para garantir unha atención adecuada. Sinalan que a urxencia se está a converter nun “almacén de pacientes”, onde non reciben a atención que a súa saúde demanda.

Tamén se denuncia que se está a vulnerar o dereito fundamental dos pacientes á intimidade e dignidade, xa que moitos graves tardan horas en ser atendidos e en dispoñer dunha cama. Ademais, advirten que a situación non só afecta aos pacientes, senón tamén ao persoal médico e de enfermería, cuxo esgotamento podería levar a un aumento das baixas laborais, agravando aínda máis a situación.

Ante a proximidade da vaga de gripe, os profesionais esixen a implantación dun plan de continxencia inmediato, que inclúa a apertura de camas e a asignación de máis persoal sanitario, así como a cobertura de todas as baixas temporais que poidan producirse no servizo de urxencias.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ dedica xuño á saúde oncolóxica e aos coidados coa colaboración de D’Aldea e Abeiratúa

A campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de xuño a visibilizar o...

Traballadores de escolas infantís e centros de discapacidade colapsan San Caetano contra a precariedade laboral

O conflito laboral nos sectores da discapacidade, da atención a menores e da educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here