InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón amplía a cobertura de fibra óptica ao 98% das súas aldeas

Boqueixón amplía a cobertura de fibra óptica ao 98% das súas aldeas

O servizo chegou recentemente a varios núcleos, e o concello prevé alcanzar o 100% a finais de 2024

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón informou de que o 98,1% das súas aldeas xa contan con servizo de fibra óptica tras a incorporación, durante o pasado verán, dos núcleos de A Igrexa (A Granxa), Loureiro (Pousada), O Cubelo (Vigo), O Casal (Lamas) e o novo núcleo da Alboia. Con estas últimas actuacións, 104 dos 106 núcleos de poboación dispoñen agora deste servizo.

As únicas excepcións son as aldeas de Loureda (Loureda) e Orto (Boqueixón), onde aínda non hai infraestrutura de postes de teléfono para dar cobertura. Segundo indicou o Concello, a compañía Rede Aberta está en proceso de xestionar os permisos necesarios con Naturgy e Udesa para utilizar a rede de postes eléctricos e así completar a cobertura nestes núcleos.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, afirmou que ‘a finais de 2024, o 100% dos núcleos contarán con fibra óptica’, quedando só casos puntuais que se abordarán de forma individualizada. Rodeiro subliñou a importancia deste servizo para o teletraballo, a telemedicina, o estudo e o desenvolvemento económico local, destacando que a fibra óptica é clave para mellorar a calidade de vida no concello.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

Sergude achega a gastronomía galega á rapazada cun campamento culinario para 52 mozos e mozas

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, no concello de Boqueixón, converteuse...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here