InicioSANTIAGOA Real Academia Galega de Ciencias homenaxea ao matemático José Rodríguez cunha...

A Real Academia Galega de Ciencias homenaxea ao matemático José Rodríguez cunha placa no Parque das Ciencias

A placa será mañá luns nun acto ao que asistirá a alcaldesa Goretti Sanmartín e outras autoridades

Publicado o

Xornal de Compostela

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) segue cos actos de homenaxe ao matemático José Rodríguez González, recoñecido como o ‘Científico Galego 2024’. Este luns, 16 de outubro, ás 12:00 horas, terá lugar a colocación dunha placa conmemorativa no Parque das Ciencias de Santiago de Compostela, onde a Academia xa ten homenaxeado a outros científicos e científicas galegas.

O acto contará coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, así como co presidente da RAGC, Juan Lema, entre outras personalidades do ámbito político, social e cultural. Durante a homenaxe, destacarase a contribución de Rodríguez ao coñecemento científico en Galicia e a súa relevancia histórica tanto no eido das matemáticas como noutros campos como a xeometría, astronomía, xeografía e mineraloxía.

José Rodríguez, nado en Lalín en 1770 e falecido en Santiago de Compostela en 1824, foi un dos científicos europeos máis recoñecidos no seu tempo. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde chegou a ser catedrático de matemáticas. Ademais da súa labor científica, Rodríguez tamén destacou na política, sendo elixido deputado por Galicia en 1820, defendendo a creación dunha quinta provincia con capital en Santiago e o impulso do coñecemento científico e industrial en Galicia.

O acto de colocación da placa en Santiago é parte das actividades que a RAGC organiza para recoñecer o legado deste matemático e científico galego.

ÚLTIMAS

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

O Concello de Santiago adxudica 61 prazas do programa ‘Compostela Concilia’ para a quenda de Entroido

O Concello de Santiago publicou a listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here