InicioDEPORTESAmes organiza o seu primeiro Cros que será tamén Campionato Galego de...

Ames organiza o seu primeiro Cros que será tamén Campionato Galego de Remudas Mixtos

A competición, que se celebrará este sábado en Aldea Nova, contará con 150 atletas entre categorías escolares e absolutas.

Publicado o

Xornal de Compostela

Mañá, sábado, 12 de outubro, o Concello de Ames celebrará a primeira edición do Cros Concello de Ames, que servirá tamén como Campionato Galego de Campo a Través Absoluto por Remudas Mixtos. A competición desenvolverase en Aldea Nova, nas inmediacións das pistas municipais de tenis, e contará coa participación de 102 rapaces e rapazas en categorías escolares e 48 atletas que competirán no campionato galego.

O evento, organizado co apoio técnico da Federación Galega de Atletismo, contará con 12 equipos de remudas mixtos, onde cada equipo estará composto por dúas mulleres e dous homes. A participación no campionato galego incrementouse respecto á edición anterior, con catro equipos máis este ano.

A xornada comezará ás 11.00 horas co relevo mixto, que cubrirá aproximadamente 6.000 metros (4×1.500 metros). As diferentes categorías, desde sub 10 ata sub 18, competirán en distancias que varían entre 1.000 e 3.000 metros, finalizando as probas ás 13.35 horas. A entrega de trofeos está prevista para as 13.50 horas.

Os trofeos serán entregados aos tres primeiros clasificados de cada categoría, e haberá un premio adicional para o primeiro corredor empadroado en Ames. Os interesados poden consultar o regulamento completo e os horarios de saída na páxina web da Federación Galega de Atletismo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here