InicioCULTURAA Igrexa da USC acolle unha exposición sobre o científico galego 'Matemático...

A Igrexa da USC acolle unha exposición sobre o científico galego ‘Matemático Rodríguez’ no bicentenario da súa morte

Entre os seus logros destacan os seus estudos relacionados co meridiano de Greenwich

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou este luns na inauguración da exposición ‘José Rodríguez. O matemático de Bermés’, organizada pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Xunta e que rende homenaxe a esta figura no bicentenario do seu falecemento. Acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, o titular de Educación puxo en valor o legado deste “ilustre matemático” de Bermés, ao que cualificou de “un dos maiores e máis cativadores xenios” da historia galega.

“Logrou grandes éxitos, como os seus estudos relacionados co meridiano de Greenwich ou os cálculos precisos do arco do meridiano terrestre, e fíxoo sempre reivindicando as súas raíces”, subliñou, ademais asegurou que agora é o “deber” dos galegos homenaxear a súa figura. Segundo detallou a Xunta nunha nota de prensa, a mostra, que será itinerante, poderase visitar na Igrexa da Universidade de Santiago ata o 12 de novembro e despois desprazarase ata Lalín para terminar o seu percorrido en 2025 en Madrid.

Neste sentido, o conselleiro destacou que esta é unha exposición “única” que se desprazará ata os espazos que “fixeron grande” a lenda do Matemático. “Aquí en Santiago, no seu Lalín natal e tamén en Madrid, unha demostración máis da universalidade dentro e fóra das nosas fronteiras”, esgrimiu. Deste xeito, en Santiago poderá visitarse a exposición de luns a sábado desde as 11.00 ata as 14.00 horas e de 17.00 a 20.00, mentres que os domingos o horario estará limitado ao tramo da mañá, desde as 11.00 ata as 14.00 horas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...