InicioSOCIEDADEUn alumno dun centro de FP da capital enfróntase a catro anos...

Un alumno dun centro de FP da capital enfróntase a catro anos de prisión por un delito contra a saúde pública

Os axentes realizaron un rexistro superficial ao agora acusado no que lle atoparon no peto interior esquerdo da súa cazadora unha bolsa de plástico que contiña 50 pastillas de MDMA, cun peso total de 20,27 gramos, que o acusado posuía para distribuír a terceiros. Tamén lle incautaron 0,37 gramos de cannabis e 9,63 gramos de haxix

Publicado o

Xornal de Compostela

Audiencia da Coruña, na súa sede en Santiago, xulgará o vindeiro venres a un alumno dun centro de FP compostelán que se enfronta a catro anos de prisión por posesión de MDMA, cannabis e haxix. Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos producíronse o 10 de novembro de 2022 cando axentes da Policía Nacional, en funcións de prevención do menudeo de sustancias estupefacientes nas inmediacións de centros de ensino, aproximáronse a un grupo de alumnos deste centro que se atopaban nun descanso entre clases.

Deste xeito, realizaron un rexistro superficial ao agora acusado no que lle atoparon no peto interior esquerdo da súa cazadora unha bolsa de plástico que contiña 50 pastillas de MDMA, cun peso total de 20,27 gramos, que o acusado posuía para distribuír a terceiros. Así mesmo, incautáronlle 0,37 gramos de cannabis e 9,63 gramos de haxix que portaba na súa mochila. Constituíndo así un delito contra a saúde pública. Por iso, o Ministerio Público solicita catro anos de prisión, a inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo e unha multa de 1.114 euros cunha responsabilidade persoal subsidiaria de 3 meses para caso de falta de pagamento.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...