InicioECONOMÍACarlos Taibo falará sobre o decrecemento nunha conferencia no Ateneo de Santiago

Carlos Taibo falará sobre o decrecemento nunha conferencia no Ateneo de Santiago

O profesor de Ciencia Política exporá a necesidade dun cambio no modelo económico para abordar a crise ecolóxica

Publicado o

Xornal de Compostela

O próximo luns, 7 de outubro, o Ateneo de Santiago acollerá unha conferencia titulada “Ante a crise ecolóxica: unha defensa do decrecemento”. O evento, que terá lugar ás 19.00 h na sede de Afundación, na rúa do Vilar, será impartido por Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid, quen é un dos maiores expertos en decrecemento e teoría do colapso. A conferencia está organizada en colaboración co Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da USC.

Durante a súa intervención, Taibo abordará a crise ambiental global, facendo unha crítica ao actual modelo de crecemento económico. Segundo o profesor, o decrecemento preséntase como unha solución para reducir a pegada ecolóxica e promover un estilo de vida máis sostible, en consonancia coa preservación do medio ambiente.

Taibo, autor de numerosas publicacións como ‘En defensa del decrecimiento‘ e ‘Colapso‘, defenderá a súa tese de que o sistema económico actual, centrado no crecemento continuo, resulta insostible ante o esgotamento dos recursos e a degradación do planeta. A entrada para este evento será libre ata completar a capacidade da sala.

CONCERTO DO ATENEO BARROCO

Ao finalizar a conferencia, terá lugar ás 21h, o Teatro Principal de Santiago o concerto ‘Saffo Novella: Solos e dúos de Barbara Strozzi’ dentro da sexta edición do Festival Ateneo Barroco. O grupo Dolce Rima, formado polas sopranos Laura Martínez Boj e Julieta Viñas Arjona, xunto a Xurxo Varela (viola da gamba) e Paula Brieba (tiorba), interpretará unha selección de pezas da compositora veneciana do século XVII, Barbara Strozzi.

O programa do concerto estará inspirado na aspiración de Strozzi de ser lembrada como “a nova Safo”, e explorará a intensidade emocional da súa obra. O conxunto Dolce Rima é recoñecido pola súa especialización en música antiga e pola súa traxectoria en festivais de toda Europa.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here