HomePOLÍTICAA xunta de Goberno aproba o proxecto de ordenanza que regulará as...

A xunta de Goberno aproba o proxecto de ordenanza que regulará as vivendas de uso turístico e que irá ao próximo pleno

Agora, o proxecto remitirase aos membros da Comisión Informativa de Urbanismo para que, en cinco días, presenten as emendas que estimen oportunas.

Publicado o

Por Xornal de Compostela

A xunta de Goberno local aprobou o proxecto da Ordenanza que regula a comunicación ao Concello de Santiago dos usos de hospedaxe asimilados a vivenda, as coñecidas como VUTS. Así o sinalou o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, que compareceu este luns ante os medios para dar conta dos asuntos tratados na xunta de goberno local. Agora, o proxecto remitirase aos membros da Comisión Informativa de Urbanismo para que, en cinco días, presenten as emendas que estimen oportunas. As emendas deberán presentarse no Rexistro do Pleno, xa que a proposta debaterase no próximo pleno.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a dotación de crédito extraordinario (375.210 euros) para atender a execución da sentenza ditada no procedemento ordinario que declara o dereito da empresa Viaqua a percibir unha compensación polos maiores custos derivados da explotación da ampliación da EDAR de Silvouta. Ademais, acordaron conceder o Premio de Ensaio, Investigación e Creación Audiovisual Xohana Torres, edición 2022, na súa ‘Modalidade Creación Audiovisual’ a Rosalía Quiroga Trasorras polo seu traballo ‘Mal olladas’, cunha dotación de 2.500 euros.

Lestegás tamén destacou outros temas, como as obras de mellora na accesibilidade de varios centros de educación pública, a autorización de uso de varias hortas urbanas municipais, así como a toma de coñecemento da firma de varios convenios de colaboración con entidades como Cruz Vermella para o Servizo Municipal de Urxencias Sociais (100.000 euros) e para programas de teleasistencia e de atención a persoas sen fogar (85.000 euros).

Así mesmo, informou de que quedou deserta a licitación das Obras de execución do proxecto de mellora e acondicionamento do local sociocultural de Enfesta e de que se solicitou o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para o edificio de investigación para o IDIS.

ÚLTIMAS

Aitor Bouza critica a convocatoria do pleno extraordinario deste luns como unha manobra de distracción

Aitor Bouza, secretario xeral da agrupación socialista de Santiago, lanzou duras críticas contra a...

(VÍDEO) Estas son as sete herbas de San Xoán coas que debes preparar o cacho ou caldeiro

Hoxe Xornal de Compostela tráeche un titorial para facer o cacho ou caldeiro de...

José Antonio Constenla propón unha declaración institucional para celebrar o centenario do colexio La Inmaculada

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, presentou unha proposta ao...

Santiago acolle o XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos para explorar as conexións históricas con Roma

Un total de 32 expertos internacionais, procedentes de sete países distintos, participarán no XIII...

Aitor Bouza critica a convocatoria do pleno extraordinario deste luns como unha manobra de distracción

Aitor Bouza, secretario xeral da agrupación socialista de Santiago, lanzou duras críticas contra a...

José Antonio Constenla propón unha declaración institucional para celebrar o centenario do colexio La Inmaculada

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, presentou unha proposta ao...

Concelleiros do PP critican a xestión das obras na rúa do Pombal en Santiago por falta de previsión

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa e José Ramón de la...