HomePOLÍTICAAsí votaron os líderes galegos: Besteiro e Pontón, os primeiros, agardan unha...

Así votaron os líderes galegos: Besteiro e Pontón, os primeiros, agardan unha importante mobilización

A portavoz do BNG manifesta a importancia de decidir o papel de Galicia e o modelo de Europa desexado

Publicado o

Por Xornal de Compostela

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que espera unha “importante mobilización” este domingo de eleccións europeas, á vez que apelou a toda a cidadanía a “decidir que Galicia en Europa quere”. En declaracións aos medios tras votar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago sobre as 10.30 horas, a líder nacionalista manifestou que exerceu este dereito “con toda a ilusión” e coa “convicción” de que Galicia se xoga “moito en Europa”.

“Hoxe é un día para reclamar que a cidadanía vote. Que os galegos e galegas voten pensando en quen pode defender mellor os seus intereses en Europa. Que voten pensando no que nos estamos xogando neste momento e que utilicen o poder que lle dá o voto para decidir que Galicia en Europa queren e tamén que modelo de Europa desexan para o futuro”, explicou.

Pontón, acompañada da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, entre outros, desexou unha “participación relevante” e “importante” nos comicios comunitarios.

Así, a portavoz nacional do Bloque –que acode a estas eleccións na coaliación Agora Repúblicas– lembrou que o voto é “un dereito” que custou “moito tempo conquistar” e insistiu na idea do “importante” que é decidir “cal é o papel” tanto de Galicia en Europa como da propia Europa “no mundo”.

BESTEIRO, O MÁIS MADRUGADOR

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, foi o líder político galego máis madrugador e acudiu ao seu colexio electoral en Lugo sobre as 9.30 horas da mañá deste domingo. Tras exercer o seu dereito a voto, apelou á cidadanía a participar nos comicios europeos. “Votar por Europa é votar por nós”, dixo, en declaracións aos medios, tras depositar a papeleta nunha das urnas do CEIP Rosalía de Castro de Lugo.

O líder dos socialistas galegos lanzou unha mensaxe clara pola participación: “É moi importante, porque Europa está moi presente nas nosas vidas e o que pase en Europa aféctanos directamente”.

“Así que ánimo, a votar por unha Europa forte fronte a quen pretende destruíla”, insistiu Besteiro.

 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O PSOE compostelán describe a ordenanza aprobada como “papel mollado”

O secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, insistiu este martes en que a...

Mercedes Rosón insiste en que a actuación dos edís de Santiago foi “leal” e “coherente” co defendido polo PSOE

A concelleira socialista no Concello de Santiago, Mercedes Rosón, reafirmou a coherencia das accións...

A dirección do PSOE de Santiago inicia medidas disciplinarias contra os edís que romperon a disciplina de voto

A dirección local do Partido Socialista en Santiago de Compostela anunciou a apertura de...

Santiago, entre as áreas sanitarias que máis MIR captan para reforzar a atención primaria no verán

O conselleiro de Sanidade de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, avaliou positivamente este martes o...

O PSOE compostelán describe a ordenanza aprobada como “papel mollado”

O secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, insistiu este martes en que a...

Mercedes Rosón insiste en que a actuación dos edís de Santiago foi “leal” e “coherente” co defendido polo PSOE

A concelleira socialista no Concello de Santiago, Mercedes Rosón, reafirmou a coherencia das accións...

A dirección do PSOE de Santiago inicia medidas disciplinarias contra os edís que romperon a disciplina de voto

A dirección local do Partido Socialista en Santiago de Compostela anunciou a apertura de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here